Soka Gakkai

A Soka Gakkai é unha organización global budista de base comunitaria que promove a paz, a cultura e a educación, centrada no respecto á dignidade da vida. Os seus membros estudan e poñen en práctica a filosofía humanística do budismo Nichiren.

 

Na súa acción individual, os integrantes da Soka Gakkai procuran desenvolver o seu potencial inherente, mentres contribúen aos lugares onde viven e comprométense cos problemas colectivos que afectan á humanidade.

 

Unha das conviccións centrais da Soka Gakkai é a dedicación permanente ao diálogo e á non violencia, así como a idea de que a felicidade individual está indisolublemente ligada ao establecemento da paz.

A continuación ofrecemos unha presentación resumida da Soka Gakkai estruturada en catro puntos:

  • A práctica diaria

  • A liñaxe budista

  • Historia

  • Acción ante os problemas globais

Para profundar máis, pódese facer clic sobre calquera das palabras destacadas e ler a explicación detallada contida no sitio web global da Soka Gakkai (externo a este) que se abrirá nunha pestana aparte.

A práctica diaria

A práctica budista diaria fundamental que levan a cabo os membros da Soka Gakkai nos seus fogares consiste en entoar a frase “Nam-myoho-renge-kyo” e recitar partes do Sutra do loto.

Así mesmo, os membros atópanse periodicamente en reunións de diálogo, organizadas en pequenos grupos, onde estudan os principios do budismo en relación coa vida cotiá. Nas súas experiencias persoais, os participantes contan como están a aplicar a práctica budista aos seus desafíos e metas.

Subir

Soka Gakkai es una organización global budista de base comunitaria que promueve la paz, la cultura y la educación, centrada en el respeto a la dignidad de la vida. Sus miembros estudian y ponen en práctica la filosofía humanística del budismo Nichiren.

A liñaxe budista

Os ensinos nos cales se basea a Soka Gakkai pertencen á tradición do humanismo budista iniciada con Shakyamuni no subcontinente indio. Un dos seus valores centrais é o respecto á dignidade e á existencia de todos os seres humanos.

Elucidando a verdadeira natureza da vida, Shakyamuni viaxou cumpridamente, dedicado a compartir a súa sabedoría cos semellantes. A verdade con respecto á cal se iluminou está enunciada no Sutra do loto, un ensino central do budismo Mahayana que postula que a budeidade —caracterizada polo amor compasivo, a sabedoría e a valentía— é un estado inherente a todas as persoas.

Os ensinos do Sutra do loto foron transmitidos e desenvolvidos por estudosos e mestres budistas da India, a China e o Xapón, entre os que destacaron Zhiyi (o gran mestre Tiantai) na China e Nichiren no Xapón.

No século xiii, Nichiren identificou que “Nam-myoho-renge-kyo” era a esencia do Sutra do loto e ensinou unha práctica consistente na recitación desta frase, como medio para que todas as persoas poidan superar o sufrimento e construír unha vida plena e feliz.

O movemento da Soka Gakkai de base cidadá, formado por 12 millóns de membros en 192 países e territorios, traballa para difundir no mundo actual a mensaxe de empoderamento do budismo Nichiren e do Sutra do loto.

Subir

Historia

As raíces da organización remóntanse a 1930, cando Tsunesaburo Makiguchi e Josei Toda fundaron no Xapón a Soka Kyoiku Gakkai (Sociedade pedagóxica para a creación de valores), precursora da actual Soka Gakkai.

Liderada por Makiguchi, o seu primeiro presidente, comezou sendo un grupo de mestres interesados en impulsar a unha reforma educativa; logo, foi converténdose nun movemento dedicado a mellorar a sociedade por medio da transformación interior dos individuos que promovía o budismo Nichiren.

En 1943, Makiguchi e Toda foron encarcerados como “delincuentes ideolóxicos”, por resistirse a adoptar a relixión estatal sintoísta que o goberno militar, no seu afán de controlar o pensamento colectivo, impuxera aos cidadáns. Makiguchi morreu en prisión; Toda recuperou a liberdade en 1945 e consagrouse a reconstruír a Soka Gakkai. Anos despois, asumiría a súa condución como segundo presidente.

En 1947, na caótica sociedade da posguerra, Daisaku Ikeda coñeceu a Josei Toda e decidiu ser o seu discípulo e ingresar na Soka Gakkai. En 1960 foi nomeado terceiro presidente e, baixo o seu liderado, a organización emprendeu o seu desenvolvemento fora do Xapón.

En 1975 creouse a Soka Gakkai Internacional (SGI), cuxo marco institucional engloba a todas as organizacións independentes da Soka Gakkai fora do Xapón. Daisaku Ikeda foi designado presidente da nova entidade.

En 1983, a SGI foi acreditada como organización non gobernamental no Consello Económico e Social das Nacións Unidas (ECOSOC). En 1995 promulgouse a Carta da SGI, onde se expresa o compromiso de traballar por un mundo de paz, e de contribuír á paz, a cultura e a educación baseadas no respecto á dignidade da vida.

En 2017, a Soka Gakkai aprobou unha nova Constitución, que clarifica a súa posición doctrinal e enuncia o seu obxectivo de promover os ensinos budistas de Nichiren en ben da paz e a felicidade humana, ademais de regulamentar a súa administración global.

No ano 2021 actualizouse a Carta da SGI e adoptouse a Carta da Soka Gakkai para expresar máis axeitadamente os principios que han de rexer o deber social da organización, baseado no compromiso inquebrantábel coa non violencia e coa cultura de paz.

Subir

Acción ante os problemas globais

A Soka Gakkai e a SGI participan en iniciativas que axudan a establecer unha cultura de paz. Cada organización local desenvolve o seu movemento respectando o contexto cultural da sociedade á cal pertence.


As actividades de concientización pública desenvólvense en cinco áreas principais: paz e desarmamento; educación para o desenvolvemento sostible e a acción climática; educación en dereitos humanos; axuda humanitaria e redución do risco de desastres; e igualdade de xénero e empoderamento da muller. Con estes fins, levan a cabo exposicións, simposios, encontros de diálogo interrelixioso, actividades culturais e accións de apoio ás Nacións Unidas.


Dende 1983, Daisaku Ikeda presenta anualmente propostas de paz dirixidas á comunidade internacional; alí, ademais de analizar os temas cruciais para a humanidade, propón solucións e respostas fundamentadas na filosofía budista.

 

Estas propostas orientan e impulsan as actividades de base cidadá que emprende a organización, tendentes a confrontar os problemas globais e a construír unha cultura de paz duradeira.

Subir

Scroll ao inicio